AS TITORAS DE 4 ANOS SUXERIMOS UNHAS ACTIVIDADES PARA LEVAR A CABO MENTRES DURE A SUSPENSIÓN DAS CLASES.
COMO IMOS PASAR MOITO TEMPO NA CASA É MOI IMPORTANTE TER UNHA RUTINA DE TRABALLO DIARIO PARA NON PERDER AS HABILIDADES ADQUIRIDAS E NON ESQUECER O APRENDIDO.
ESTAS ACTIVIDADES NON TERÁN QUE FACERSE TODAS DIARIAMENTE. PODEDES FACER UNHA SELECCIÓN PARA CADA DÍA.
COLABORAR NAS TAREFAS DO FOGAR:
- RECOLLER OS XOGUETES, A ROUPA, POÑER E RECOLLER A MESA,...
- FALAR MOITO COAS NENAS E COS NENOS DE CALQUER TEMA.
- LEMBRAR A POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO APRENDIDA.
- CANTAR AS CANCIÓNS DA ASAMBLEA, DA CLASE DE MÚSICA E DA CLASE DE INGLÉS (VER BLOG DE INGLÉS),
LECTO-ESCRITURA:
- LER CONTOS, COMPRENSIÓN DOS CONTOS A TRAVÉS DE PREGUNTAS.
- ESCRIBIR O TÍTULO DO CONTO.
- DEBUXO DO CONTO.
- POÑER O NOME DO NENO OU DA NENA E ESCRIBIR A DATA.
- VER LIBROS DE PLANTAS, DE ÁRBORES...
- RECORTAR IMAXES DE FOLLETOS E POÑERLLES O NOME "A SÚA MANEIRA".
- ESCRIBIR OS NOMES DAS COMPAÑEIRAS, DOS COMPAÑEIROS E DAS PERSOAS DA FAMILIA.
LÓXICO-MATEMÁTICA:
- MANIPULAR OBXECTOS: CLASIFICAR, FACER SERIES, CONTAR...
- XOGAR COS NÚMEROS DO CALENDARIO.
- ESCRIBIR NÚMEROS.
- DEBUXAR FROITAS, CONTALAS E POÑER O NÚMERO.
AUTONOMÍA:
- TRABALLAR A AUTONOMÍA NO ASEO, NA ALIMENTACIÓN E NA VESTIMENTA.
PSICOMOTRICIDADE GROSA:
- REALIZAR MOVEMENTOS: GATEAR, REPTAR, SALTAR, XIRAR, BAILAR...
PSICOMOTRICIDADE FINA:
- XOGAR COAS PINZAS DA ROUPA, COAS TAPAS DAS BOTELLAS (ENROSCAR E DESENROSCAR)
- METER OBXECTOS PEQUENOS (FABAS, GARAVANZOS...) DENTRO DUNHA BOTELLA
- RECORTAR COAS TESOIRAS
- RASGAR PAPEL COAS MANS
- FACER BOLAS CON PAPEL OU PLASTILINA
TICS:
-VER VIDEOS DE PLANTAS OU DE ÁRBORES:
-VER VIDEOS DE PLANTAS OU DE ÁRBORES:
- https://www.youtube.com/watch?v=gEP8-D7lvNU
- https://www.youtube.com/watch?v=OHl7pcO_ovw
- https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac
- https://www.youtube.com/watch?v=-yO_eLKp4_U
- https://www.youtube.com/watch?v=slM9RpCqf-w
- https://www.youtube.com/watch?v=jGmuFll4Noc
- https://www.youtube.com/watch?v=6hZ0re_rGo8
- https://www.youtube.com/watch?v=jGmuFll4Noc
- https://www.youtube.com/watch?v=B0oysk5y_fk&t=35s
-NO BLOG DE STEM HAI ACTIVIDADES RELACIONADAS COA INFORMÁTICA PARA
ESTA SEMANA.
NO BLOG DA BIBLIOTECA HAI SUXERENCIAS DE LECTURAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario