Comeza un novo curso. As nosas clases van estar no segundo andar do colexio. Agardamos con impaciencia todas as novidades.
Comeza un novo curso. As nosas clases van estar no segundo andar do colexio. Agardamos con impaciencia todas as novidades.
Neste mércores 21 que damos a benvida ao verán tamén toca despedirnos destas clases tan maravillosas que pasan para 3°.
Foi un placer acompañarvos a todos e todas, aos 50 nenos e nenas, nesta etapa tan bonita das vosas vidas.
E xa sabedes que aquí estamos sempre para vos.
Feliz verán!!!!
Hoxe o alumnado de 2° disfrutou dunha visita ao Parque de Bombeiros de Pontevedra. Aprendimos moitas cousas novas do seu traballo,os traxes,os camións,as ferramentas....
Rematamos cunha festa da escuma!!!
Hoxe recibimos a visita de Paula, unha mamá do cole, que xunto ás súas compañeiras impartiron un TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS onde o alumnado aprendeu cómo deben reaccionar se se atopan coa necesidade de auxiliar a alguén: chamar ao 112, comprobar se respira, posición de seguridade, RCP...
Para isto tiveron que traer un boneco co que fixeron as prácticas de todo o aprendido.
Moitas grazas por esta increíble colaboración.
Todo o alumnado de 2º está emocionadísimo preparando a próxima saída: pasar o día na Illa de Ons!!!! Hai que investigar moitísimas cousas antes da excursión: coñecer os horarios dos barcos, as distancias e tempos para coordinar bus e barco, as actividades que imos facer na illa, os nomes das praias e das rutas, a flora e fauna, as mareas... A nosa axencia de viaxes está funcionando a tope preparando os folletos!!!!
Coma facemos en todos os proxectos, tocábanos pensar nunha manualidade relacionada coa arte e os monumentos que estamos a traballar. Decidimos facer a nosas siluetas a base de mosaicos con papeis de revistas e folletos. E de ahí a relacionala con algún monumento, cadro, escultura, etc...pois é cousa da imaxinación de cada quen!!!
Gústanos tanto o tema que queremos ir a coñecer todos, así que familias, ide preparando as vacacións deste verán con destino a...