viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAIN 2021


 E así disfrutamos este ano do Samaín en 1ºA e B !!! 

Lecturas e agasallos dende a Biblioteca.

 

Xogos de pronunciación coa profe Cris de apoio.


 


Varitas máxicas con material de refugallo.

 





Xogos na biblioteca ca temática do Samaín, aprendendo información sobre a festa, emocións e robots!!! Tamén coloreamos mandalas e outros debuxos monstruosos.



Desfile no patio con todos os compañeiros e compañeiras, por quendas. Recitamos os nosos  conxuros!!! 



Estamos moi orgullosos e orgullosas dos nosos peiteados monstruosos! 


  

E tomamos unas merendas moi terroríficas!!! Gracias a todas as familias pola vosa colaboración. Foi un Samaín estupendo!!!!























EXPERIMENTANDO CON MATERIAIS

 Como cada semana, queremos ensinarvos as manualidades tan fermosas que están a facer os nenos e nenas de 1º aproveitando a estación de outono, traballando cun material diferente cada vez (follas das árbores, bastonciños de algodón, témperas...) Esta semana tocou facer unhas nubes con arcos da vella de papel charol, papel crepe e algodón. 

  Esas manciñas teñen que experimentar, tocar, recortar, manipular, vivenciar... para mellorar a súa motricidade fina. E ademáis facémolo de xeito cooperativo, aprendendo a traballar en equipo!!!!













 












viernes, 15 de octubre de 2021

MANUALIDADES DE OUTONO

 Estes días os nenos e nenas de 1º fixeron dúas manualidades máis sobre o outono.  A primeira foi unha árbore con témperas e bastonciños de algodón, creando unhas imaxes moi fermosas con cores outonais.

Hoxe tocou facer paraugas a partires de pratos de cartón, cartolinas e a súa creatividade. 

Queredes admirar os seus traballos? Aquí tedes unhas mostras...