jueves, 22 de diciembre de 2022

POSTAL DE NADAL

 Traballamos este curso na elaboración da postal de Nadal con puntillismo, técnica empregada por Marta Cabaleiro, artista na que nos inspiramos para facer as nosas.

                                                                 Noraboa aos finalistas! 



FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!!!!




miércoles, 21 de diciembre de 2022

MATEMÁTICAS DE NADAL

  Traballando a xeometría a tope co toque de Nadal que tanto lles gusta a os nenos e nenas de 2º. Origami para facer unha árbore de Nadal que cada quen decorou ao seu gusto e bonecos de inverno de neve con forma de cono. Aproveitamos para repasar vocabulario matemático: vértice, lado, eixe de simetría, cadrado, rombo, rectángulo...




   














lunes, 19 de diciembre de 2022

REMATAMOS OS EXPERIMENTOS: NEVE!!!

 O punto final a nosa semana de experimentos con auga foi facer neve artificial. Só temos que mixturar auga e bicarbonato e xa temos un composto moi parecido á neve. Ademáis da parte científica este experimento tiña unha parte imaxinativa e artística xenial, mirade estas montaxes.





viernes, 16 de diciembre de 2022

3° EXPERIMENTO CON AUGA

 Nesta ocasión experimentamos coa flotabilidade e a relación que se establece entre forma e  capacidade. 

A partir dunha peza de plastilina o alumnado chegou á conclusión de que tiñan que darlle forma de barco para que pudiera flotar. 

Unha vez conseguido vimos canto peso podía aguantar o noso barco de plastilina.

Además falamos da porosidade da materia e como ao pasar moito tempo o barco afundía pola absorción de auga,  motivo polo cal se desfacía a plastilina. 












jueves, 15 de diciembre de 2022

SEGUNDO EXPERIMENTO CON AUGA

  O mércores experimentamos con auga, aceite e deterxente líquido de cor verde. Resultounos un pouco difícil formular as hipóteses e tiñamos moitas dúbidas: o aceite flota? e o deterxente? e se mixturamos? a auga absorbe a cor do aceite? e a cor do deterxente? canto deterxente botamos? 

  Estas actividades dan para moito e puidemos traballar conceptos sobre características da materia: densidade, polaridade da auga, masa, volumen... 

  O mellor de todo son as ganas do alumnado de comprobar as hipóteses que imaxinaban, as ganas de experimentar e a sensación de descubrir a realidade en primera persoa.










miércoles, 14 de diciembre de 2022

PRIMEIRO EXPERIMENTO CON AUGA

  Despois de traballar o ciclo da auga quixemos aproveitar estes últimos días antes de Nadal para facer experimentos. Os nenos e nenas de 2º xa saben traballar con método científico: formular hipóteses, preparar material, tomar decisións en grupo, facer o experimento, comprobar a teoría e sacar conclusións.  Hoxe experimentamos coa erosión e a disolución. Auga máis lacasitos e xa temos unha experiencia moi vistosa. Encantounos!!!!








  

martes, 13 de diciembre de 2022

CARTAS DE NADAL

 Todo o alumnado de 2° participou na fermosa iniciativa do cole para enviar tarxetas e cartas de Nadal a todas as persoas maiores que viven na residencia de Campolongo. Agardamos que estas mensaxes cheas de ilusión e agarimo gusten moito.







viernes, 9 de diciembre de 2022

O CICLO DA AUGA

 Despois de facer a nosa maqueta do relevo e traballar o curso dos ríos, quixemos profundizar un pouquiño máis no ciclo da auga. Este é o noso experimento para comprobar os fenómenos da evaporación, a condensación e a precipitación..


                                 













O alumnado de 2ºB ademáis está a investigar un pouquiño sobre fervenzas. Tivemos varios traballos para saber cales hai en Galicia e cales visitaron algunhos nenos e nenas, cales son as máis altas do mundo...




viernes, 2 de diciembre de 2022

TEXTO DESCRIPTIVO

 Andamos traballando diferentes tipos de textos, e entre eles as descripcións. Que mellor maneira de facelo que pasando un bo rato, traballando en equipo e xogando a adiviñar obxectos, personaxes, animáis.... 










MAQUETA DO RELEVO

 Pois xa temos rematada a maqueta que fixemos con plastilina con todos os accidentes xeográficos que aprendimos neste pequeno proxecto. A ver si vos tamén podedes identificar o cabo, a península, a chaira, o afluente, a ladeira, o archipiélago... e ademáis añadimos uns detalliños que terán moita importancia no seguinte proxecto. Vedes o barco pesqueiro, os campos de cultivo, o gando... ?










INFORMÁTICA

   Este curso temos unha hora semanal na aula de Informática. Durante o mes de outubro estivemos aprendendo a usar a nosa Aula Virtual para poder agora traballar dende a casa. No mes de novembro iniciamos o traballo cun editor de texto para pouco a pouco poder facer pequenas presentacións.





viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

   Para conmemorar o 25 N o alumnado de 2º traballou dende diferentes áreas: 

- Todo o cole elixiu a canción de Rozalén "La puerta violeta" para cantar e bailar o venres 25.

-Fixemos unha manualidade inspirada na letra da canción, descubrindo cal sería o noso lugar de liberdade.

                         

                         

-Construímos un atrapa palabras baseado no conto "Guapa". Por grupos cooperativos eleximos unha palabra para definir á protagonista do conto; despois traducimos esas palabras ao inglés, escribímolas  nunhas plumas para colgar do atrapapalabras e decoramos. Quedaron fermosísimos!!!