Despois de traballar o ciclo da auga quixemos aproveitar estes últimos días antes de Nadal para facer experimentos. Os nenos e nenas de 2º xa saben traballar con método científico: formular hipóteses, preparar material, tomar decisións en grupo, facer o experimento, comprobar a teoría e sacar conclusións. Hoxe experimentamos coa erosión e a disolución. Auga máis lacasitos e xa temos unha experiencia moi vistosa. Encantounos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario