viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

   Para conmemorar o 25 N o alumnado de 2º traballou dende diferentes áreas: 

- Todo o cole elixiu a canción de Rozalén "La puerta violeta" para cantar e bailar o venres 25.

-Fixemos unha manualidade inspirada na letra da canción, descubrindo cal sería o noso lugar de liberdade.

                         

                         

-Construímos un atrapa palabras baseado no conto "Guapa". Por grupos cooperativos eleximos unha palabra para definir á protagonista do conto; despois traducimos esas palabras ao inglés, escribímolas  nunhas plumas para colgar do atrapapalabras e decoramos. Quedaron fermosísimos!!!      




                 




















  

jueves, 24 de noviembre de 2022

HOXE IMOS Ó TEATRO


  Hoxe tivemos unha pequena saída para ver a obra de teatro "La aventura de aburrirse" no Auditorio Teatro Afundación. 
  Encantáronnos os efectos especiais, as cancións, o decorado, os monicreques... pero sobre todo a potente mensaxe que tiña a obra: o poder da imaxinación.









sábado, 19 de noviembre de 2022

EXPOÑEMOS EN 6°!!!

 Compañeiras e compañeiros das nosas clases presentaron contidos traballados no proxecto anterior ao alumnado de 6°, que quedou sorprendido do moito que sabemos sobre este tema. O alumnado mostrou una gran capacidade de transmisión de coñecemento!!!! Noraboa!!!! 






viernes, 18 de noviembre de 2022

NOVO PROXECTO: O RELEVO

   Comezamos novo proxecto adicado a coñecer un pouco máis do relevo da Terra. Aprenderemos vocabulario coma ladeira, serra, península, illa, chaira, etc. e coma sempre, tentando que sexa de maneira manipulativa e divertida. Que estaremos a argallar con esta manualidade?




 










Tamén momentos de investigación, aprendizaxes e curiosidade...




martes, 15 de noviembre de 2022

XEOMETRIA

 Traballar a XEOMETRIA é moito máis divertido se empregamos diferentes elementos que favorezcan manipular lados, vértices, superficies... Legos, memory e xeoplanos son  unha ferramenta estupenda para visualizar estes conceptos.

  






  




LIÑA TEMPORAL

 Aquí temos algúns dos traballos feitos en 2°.

Os alumnos e alumnas estiveron encantados e encantadas de contar nas clases aqueles acontecimentos máis importantes e os logros acadados durante estos sete años de vida! 

Unha forma moi visual e práctica de comprender o que é unha liña temporal e para que nos serve: Aprendendo a aprender!!!!