martes, 21 de diciembre de 2021

FELICES FESTAS!!!!

 Os nenos e nenas de 1º celebraron este último día de cole con merendas navideñas, sorpresa do Apalpador, xogos, panxoliñas, películas, baile, recreo musical, manualidades...


BO NADAL PARA TODOS E TODAS!! 
















lunes, 20 de diciembre de 2021

CDs NAS ÁRBORES

  Todo o cole participou nunha fermosa idea de decoración do Nadal: colgamos CDs das árbores do noso patio con debuxos e mensaxes positivos. Foi unha actividade de cooperación grupal moi potente e con componente emocional. Contamos ademáis coa axuda do noso querido conserxe Paco.













PROXECTO O MEU ENTORNO

 Como xa fomos mostrando neste blog, durante este primeiro trimestre traballamos un proxecto titulado "O meu entorno", no que profundizamos un pouquiño nas nosas características persoais, aficións, emocións, etc. para logo traballar sobre as nosas familias, o noso cole, o noso barrio e a nosa cidade. Foi un percorrido moi bonito mexturando parte artística con parte científica, con investigacións de tipos de vivendas, tipos de familias, partes das cidades, educación vial, valores cívicos...

Aquí podedes ver os dous productos finais que o alumnado levou para casa. Bo traballo nenos e nenas!!!


                                    








viernes, 17 de diciembre de 2021

AMIGO INVISIBLE

 Hoxe o alumnado de 1º celebrou o Amigo Invisible!!! Preparamos tarxetas e felicitacións sorpresa con todo o noso cariño para as compañeiras e compañeiros da clase do lado, e fixemos entrega delas no patio. Aínda que a situación que vivimos non permite a convivencia entre grupos diferentes, procuramos manter un pouquiño de relación e contacto entre nós. 



     
                                          


miércoles, 15 de diciembre de 2021

TARXETAS DE NADAL

 

Chega o Nadal e, como todos os anos, o concurso de tarxetas de Nadal do CEIP Vilaverde. Este ano inspirámonos na pintora viguesa Menchu Lamas, toda unha explosión de cor, luz e positivismo. En 1º traballamos con témperas, cilindros de cartón, moitas cores e as nosas mans . Velaquí o resultado destas tarxetas tan alegres. 







                                        


Para enviar as tarxetas as nosas casas tamén decoramos e persoalizamos os sobres, escribimos moi ben a dirección, selamos e alí que fomos  1ºB de excursión para botalas no buzón de Correos.
  


O alumnado  de 1º A  puidemos tamén botalas en Correos, e chegarán en poucos días!!! Por fin!!! 










      A ganadora de 1° A foi Mara!!! Felicidades!!!               A gañadora de 1º B foi Melisa!! Parabéns!!         















SIMULACRO DE EMERXENCIA

 Hoxe tivemos unha mañá moi axitada pois estabamos a traballar moito na clase ás 10 cando, de súpeto, escoitamos o timbre do cole soar unha e outra vez. Como xa tiveramos moi ensaiado o que hai que facer nestes casos de emerxencias, todas e todos reaccionamos con calma e de manera ordeada fixemos as filas e saímos para o patio descuberto. Alí atopámonos con todos os compañeiros e compañeiras do cole e as profes, e xa nos explicaron que non había lume nin nada, que todo foi un simulacro. 







viernes, 10 de diciembre de 2021

MANUALIDADES DO NADAL

 Neste mes de decembro estamos a facer manualidades para decorar a nosa aula e o noso recanto de 1º. Temos unha árbore de Nadal feita coas siluetas das mans de todos os nenos e nenas, moitos adornos e agasallos, duendes colgados das portas,  árbores de Nadal...