Coma facemos en todos os proxectos, tocábanos pensar nunha manualidade relacionada coa arte e os monumentos que estamos a traballar. Decidimos facer a nosas siluetas a base de mosaicos con papeis de revistas e folletos. E de ahí a relacionala con algún monumento, cadro, escultura, etc...pois é cousa da imaxinación de cada quen!!!
AS COUSIÑAS DE 2º
AQUÍ AS NENAS E OS NENOS DE 2º POÑEREMOS AS NOSAS ACTIVIDADES
viernes, 2 de junio de 2023
OS NOSOS MOSAICOS ARTÍSTICOS
miércoles, 24 de mayo de 2023
MONUMENTOS DE ESPAÑA
Gústanos tanto o tema que queremos ir a coñecer todos, así que familias, ide preparando as vacacións deste verán con destino a...
SEMENTANDO NA HORTA
jueves, 18 de mayo de 2023
SALIDA Á FÁBRICA DE CLESA
Nesta ocasión poidemos ver in situ o funcionamiento dunha fábrica, a maquinaria, os pasos no proceso de produción...
Ademáis de degustar produtos da marca, fixemos de cociñeiros misturando iogur con diferentes cereais.
Para rematar visitamos a fervenza de Segade e desfrutamos un pouco da natureza.
jueves, 4 de mayo de 2023
VISITA AO BARCO RIO LUNA
Hoxe tivemos unha saída moi especial: estivemos no barco Río Luna, do Servicio Marítimo de Pontevedra. Varios gardas civís ensínaronnos todo o barco, dende as bodegas ata a cociña, a sala de motores, a ponte de mando, a lancha para emerxencias... Falaron con nós do seu traballo no mar e de seguro que moitos nenos e nenas pensan ser garda civil no futuro.
Como este barco está nas instalacións da Escola Naval de Marín, aproveitamos para facer un pequeno percorrido por algunhas das súas dependencias: o planetario e o simulador. Encantounos "maniobrar" pola ría de Pontevedra con vento, chuvia, de noite...algún de nós ata tivo sensación de mareo!!!
Moitas gracias para os dous papás de nenos e nenas de 2º que fixeron posible esta experiencia, adicaron moito do seu tempo para estar con nós con toda a paciencia e o cariño do mundo. Gracias!!!