viernes, 30 de septiembre de 2022

ACUARELAS

 Unha técnica que aínda non utilizamos no cole era pintar con acuarelas. Este ano propusímonos ser moi bos pintores e pintoras, manexando moi ben os pinceis, mixturando cores... Comezamos co máis sinxelo, as cores primarias e secundarias. 











PROXECTO O UNIVERSO

 O primeiro proxecto integrado deste curso é o Universo. Investigaremos as galaxias, estrelas, planetas, satélites...traballando arte, matemáticas, ciencias, lingua, inglés.. Gracias á biblioteca do centro e a colaboración das familias montamos un recanto de investigación e manipulación espectacular. Queredes ver un pequeno resumo das tarefas feitas polo de agora?




COMENZAMOS PROXECTO


martes, 27 de septiembre de 2022

RELAXACIÓN E MEDITACIÓN

  Nestes primeiros días estamos poñendo en práctica algunhas técnicas de relaxación e volta á calma, que cos nervios de inicio de cole fan moita falta!!!! A nosa preferida é a Respiración da Lúa Chea.










jueves, 22 de septiembre de 2022

CONCERTO DA BANDA DE SALCEDO

 Hoxe acudimos ó Pazo da Cultura para disfrutar dun concerto da Banda de Música de Salcedo. O director da Banda estivo ensinándonos todos os instrumentos da banda, con moita música, moito ritmo e moito movemento  Escoitamos a banda sonora de Piratas do Caribe, Bob Esponxa,  A Bela e a Bestia...Pasámolo xenial!!!






viernes, 9 de septiembre de 2022

COMENZAMOS O CURSO!!

 

Comenzamos as clases e estamos encantados de vernos de novo e desfrutar das cariñas cheas de sorrisos de todos nós!!!

Descubrimos as aulas, recolocamos os recunchos, recibimos a visita dalgunhas profes e fixemos actividades cooperativas, formando "grupo" e traballando en equipo como tanto nos gusta.


ACTIVIDADES COOPERATIVAS E DE TRABALLO EMOCIONAL!!!!!


Na nosa  primeira actividade tivemos que por o noso nome nun globo que despois teriamos que atopar.






Na primeira tandada só podíamos coller o noso, se atopabamos un con outro nome debiamos soltalo. 




E tardamos en atopar todos os globos máis de dos minutos. 


Na segunda volta tiñamos que cooperar, e se atopabamos un globo con outro nome entregarllo á persoa correcta. 








Tardamos case a metade de tempo!!!! E comprobamos qué é moito mellor facer as cousas xuntos!!! 

Tamén elaboramos un quebracabezas entre as dúas clases. Por parellas tivemos que decidir cómo  íamos pintar a nosa peza  e logo tratar de montalo. Este mural está relacionado co novo proxecto de ciencias!!!!












martes, 6 de septiembre de 2022