Comenzamos as clases e estamos encantados de vernos de novo e desfrutar das cariñas cheas de sorrisos de todos nós!!!
Descubrimos as aulas, recolocamos os recunchos, recibimos a visita dalgunhas profes e fixemos actividades cooperativas, formando "grupo" e traballando en equipo como tanto nos gusta.
ACTIVIDADES COOPERATIVAS E DE TRABALLO EMOCIONAL!!!!!
Na nosa primeira actividade tivemos que por o noso nome nun globo que despois teriamos que atopar.
Na primeira tandada só podíamos coller o noso, se atopabamos un con outro nome debiamos soltalo.
E tardamos en atopar todos os globos máis de dos minutos.
Na segunda volta tiñamos que cooperar, e se atopabamos un globo con outro nome entregarllo á persoa correcta.
Tamén elaboramos un quebracabezas entre as dúas clases. Por parellas tivemos que decidir cómo íamos pintar a nosa peza e logo tratar de montalo. Este mural está relacionado co novo proxecto de ciencias!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario