lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

   Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e Non Violencia na escola. Ao longo destas semanas estivemos traballando o tema dende diferentes áreas e de múltiples maneiras. Este é un pequeno resumo das actividades feitas:


Traballando con materiais diferentes: pombas de algodón.




Símbolos da paz traballados en Valores: Mandalas de pombas para decorar a aula, o símbolo "hippie" da paz...




  Coñecendo a Mahatma Gandhi: o día 30 de xaneiro foi elexido como Día da Paz e Non Violencia nos centros escolares como homenaxe a este gran pacifista indio.



  Decoración libre dunha pomba da paz homenaxeando a Pablo Picasso cun lema elexido por toda a clase.








Pulseras da paz na clase de Valores



  E por fin chegou o momento do baile da canción "Paz, paz, paz" de Juanes. Unha parella de cada aula presentou o lema que levaba a pomba no peteiro e colocámola no mural conxunto "Pombas pola paz".






viernes, 27 de enero de 2023

PROXECTO: MAQUINAS E INVENTOS

 Neste mes estivemos descubrindo o mundo dos inventos, analizando o progreso dos mesmos ao longo da historia, traballando na aula de informática buscando información, postas en común, preparando carteis... 

Temos tamén un pequeño recanto con libros informativos da biblioteca do centro

                                  

E aquí o resultado do mural que fixeron os alumnos e alumnas de 2º cas liñas temporais, traballando datas, biografías, evolución das máquinas...














jueves, 26 de enero de 2023

PICASSO

 Este 2023 celébrase o 50 aniversario da morte de Pablo Picasso, un dos xenios da pintura universal. Estivemos traballando a súa biografía, a evolución da súa pintura, a etapa rosa, a etapa azul, o cubismo...

Analizamos en profundidade o seu cadro máis famoso: "O Guernica", pero a actividade que máis gustou foi facer un autorretrato cubista, elixindo tonalidades rosas ou azuis, dependendo da emoción que quiseran destacar.






viernes, 20 de enero de 2023

NOVO PROXECTO: MÁQUINAS E INVENTOS


Comezamos novo proxecto: As máquinas e inventos ao longo da historia. Estes primeiros días o alumnado está a facer investigacións e exposicións orais de diversos inventos: a cámara de fotos, a tele, o teléfono, a bici, o submarino... 
                                         




A lámpada, a aspiradora, as consolas, o ordenador.... E un dos máis divertidos para o alumnado (porque tivemos a oportunidade de probalo en situ) foi a plancha, o ferro!