Este 2023 celébrase o 50 aniversario da morte de Pablo Picasso, un dos xenios da pintura universal. Estivemos traballando a súa biografía, a evolución da súa pintura, a etapa rosa, a etapa azul, o cubismo...
Analizamos en profundidade o seu cadro máis famoso: "O Guernica", pero a actividade que máis gustou foi facer un autorretrato cubista, elixindo tonalidades rosas ou azuis, dependendo da emoción que quiseran destacar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario