miércoles, 21 de junio de 2023

DESPEDIDA DE SEGUNDO

 Neste mércores 21 que damos a benvida ao verán tamén toca despedirnos destas clases tan maravillosas que pasan para 3°. 

Foi un placer acompañarvos a todos e todas, aos 50 nenos e nenas, nesta etapa tan bonita das vosas vidas. 

E xa sabedes que aquí estamos sempre para vos. 

Feliz verán!!!!











martes, 20 de junio de 2023

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

 Hoxe o alumnado de 2° disfrutou dunha visita ao Parque de Bombeiros de Pontevedra. Aprendimos moitas cousas novas do seu traballo,os traxes,os camións,as ferramentas....

Rematamos cunha festa da escuma!!! 




















jueves, 8 de junio de 2023

PRIMEIROS AUXILIOS

 


Hoxe recibimos a visita de Paula, unha mamá do cole, que xunto ás súas compañeiras impartiron un TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS onde o alumnado aprendeu cómo deben reaccionar se se atopan  coa necesidade de auxiliar a alguén: chamar ao 112, comprobar se respira, posición de seguridade, RCP...

Para isto tiveron que traer un boneco co que fixeron as prácticas de todo o aprendido.

Moitas grazas por esta increíble colaboración. 

                                     


                                       










martes, 6 de junio de 2023

PREPARANDO A EXCURSIÓN

 Todo o alumnado de 2º está emocionadísimo preparando a próxima saída: pasar o día na Illa de Ons!!!! Hai que investigar moitísimas cousas antes da excursión: coñecer os horarios dos barcos, as distancias e tempos para coordinar bus e barco, as actividades que imos facer na illa, os nomes das praias e das rutas, a flora e fauna, as mareas... A nosa axencia de viaxes está funcionando a tope preparando os folletos!!!!
























viernes, 2 de junio de 2023

OS NOSOS MOSAICOS ARTÍSTICOS

 Coma facemos en todos os proxectos, tocábanos pensar nunha manualidade relacionada coa arte e os monumentos que estamos a traballar. Decidimos facer a nosas siluetas a base de mosaicos con papeis de revistas e folletos. E de ahí a relacionala con algún monumento, cadro, escultura, etc...pois é cousa da imaxinación de cada quen!!! 





Traballo de investigación empregando os ordenadores, tablets, libros en busca de ideas de cuadros, autores....