miércoles, 22 de junio de 2022

REMATAMOS O CURSO

 E por fin chegou o derradeiro día de clase. Todos e todas tiñamos moitas ganas, pois despois de tanto traballar, aprender e experimentar, precisamos desfrutar do sol, calor e descansar. 

Neste último día tivemos sesión cine, comilona, fotos e música no patio e na clase. 

Vémonos en setembro!!!

















martes, 21 de junio de 2022

BENVIDA AO VERÁN!

 Con esta manualidade tan refrescante damos a benvida a unha nova estación: o verán. O alumnado de 1º utilizou area, cunchas, cores e moita imaxinación para plasmar un fondo mariño limpo e cheo de vida, como queremos que sexa a vida nos nosos océanos. Coidemos o planeta!!!

                                         


 


















viernes, 17 de junio de 2022

ACOLLIDA EN 1º

 Nestes dias estamos sendo os perfectos anfritrións dos nenos e nenas de Infantil de 5 anos, que viñeron as nosas  aulas para coñecer os pequenos e grandes cambios que o salto a Primaria implica. Revisaron as nosas libretas, os archivadores, os estoxos... Despois todos xuntos fixemos unha pequena manualidade con témperas de cores e as mans. Esas manciñas van ser moi, moi importantes para aprender a escribir en minúsculas en 1º!!!!

Que ben ser portaron estes nenos e nenas. Grandes momentos de convivencia que fomentan o compañerismo e facilitan o paso dunha etapa a outra.

Moitas grazas pola vosa visita, compañeiros e compañeiras!!!!















jueves, 16 de junio de 2022

APÍPOLIS

 E chegou o gran día!!! Pasamolo xenial aprendendo sobre as abellas, probando o mel, facendo velas, galletas e poñendo o traxe de apicultor e apicultora. Ata temos a receita para poder facelas na casa!!!

Un día diferente que compartimos coas clases de Infantil de 4 anos! 






                                        

                                       













miércoles, 15 de junio de 2022

NOVA VISITA NA HORTA

 O alumnado de sexto fixo un traballo estupendo durante todo o curso na horta escolar, e nestes derradeiros días quixeron mostrarnos o seu resultado. Todas as bancadas están perfectamente organizadas e sinaladas, con cartelaría moi clariña, varias zonas diferenciadas: plantas aromáticas, árbores froiteiros, hortalizas, tubérculos...Os nenos e nenas de 1º quedaron encantados coa visita, e ademáis foron quen de recoller patacas para levar a súa casa.

                        

                            

                                









lunes, 13 de junio de 2022

REMATAMOS O PROXECTO O CUERPO HUMANO

 Aquí tedes uns vídeos resumen do noso proxecto neste tercer trimestre. Foi un proxecto moi vivenciado, con moita actividade manipulativa, facendo unha aproximación integral ao corpo humano e relacionando con todas as áreas do currículo: plástica, linguas, ciencias, matemáticas, expresión corporal...