O alumnado de sexto fixo un traballo estupendo durante todo o curso na horta escolar, e nestes derradeiros días quixeron mostrarnos o seu resultado. Todas as bancadas están perfectamente organizadas e sinaladas, con cartelaría moi clariña, varias zonas diferenciadas: plantas aromáticas, árbores froiteiros, hortalizas, tubérculos...Os nenos e nenas de 1º quedaron encantados coa visita, e ademáis foron quen de recoller patacas para levar a súa casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario