viernes, 25 de febrero de 2022

DIA 5 DE ENTROIDO

 E así cos nosos disfraces completos xogamos a adiviñar de qué personaxe famoso ibamos. Vos sodes capaces de adiviñar tamén?

Foi un día cheo de bailes, xogos, e diversión!!!!  E merendas ricas, ricas, de Entroido!!!

                 FELIZ ENTROIDO!!!!! 






jueves, 24 de febrero de 2022

DÍA 4 DE ENTROIDO

 Hoxe tocaba disfrazarse na cabeza, rostro... Tivemos algunhas perrucas, peiteados moi elaborados, maquillaxes, sombreiros, diademas de flores..  A imaxinación dos nosos nenos e nenas e as súas familias non ten límites!!!!















miércoles, 23 de febrero de 2022

ROSALÍA DE CASTRO: O MOUCHO

 Para conmemorar o Día de Rosalía este ano elaboramos unha fermosísima vidreira a partir dunha obra de Romero Britto, o Moucho, título tamén dun poema da poetisa galega. Os nosos coñecementos adquiridos tras os experimentos da luz e a cor refléxanse na manualidade: tivemos que diferenciar corpos opacos, translúcidos e transparentes, superpoñer filtros de celofán para achegar á cor axeitada...

 Un gran traballo en equipo que xa luce na nosa fiestra de 1º .


                                                  




Para participar na actividade do cole tiñamos que plasmar, ademáis da arte,  as emocións asociadas ao moucho, máis a canción de Migallas e o poema de Rosalía.

Arte + Música+ Literatura+Emocións=


Canción O moucho, de Migallas.




DÍA 3 DE ENTROIDO


  O mandado de hoxe pedíanos traer algo nas pernas ou pés. Tivemos de todo: zapatos desparellados, botas, saias do traxe galego ou de cores, debuxos, zapatos de tacóns, purpurina...















Seguimos investigando curiosidades do traxe dos cigarróns, dos peliqueiros...



Bianca foi ó museo Manuel Torres, en Marín, que ten agora mesmo unha colección de traxes típicos do Entroido ourensá. 





 

martes, 22 de febrero de 2022

DÍA 2 DE ENTROIDO


O segundo mandado de Vilaverdiño pedíanos traer algo no peito. Aquí tedes algúns exemplos dos disfraces de hoxe.









E seguen a chegar máis traballos sobre os cigarróns e peliqueiros.






 

lunes, 21 de febrero de 2022

DÍA 1 DE ENTROIDO

 Comezamos este primeiro día de Entroido no cole Vilaverde con cousas para levar nas mans e brazos. Houbo moita manualidade e imaxinación, e aínda que algúns dos disfraces parecen doados de adiviñar, outros....teremos que esperar ata mañá para ver máis detalles.   













Os nenos e nenas de 1º estiveron investigando como son os disfraces da zona de Xinzo, Laza e Verín, en Ourense, pois hai unha parte do disfraz moi vinculada co noso proxecto dos animais de Galicia. Aquí temos algúns dos traballos que trouxeron hoxe.


                                      









lunes, 14 de febrero de 2022

14 DE FEBREIRO

 Hoxe celebramos este día de amizade e amor facendo tarxetas con corazóns e mensaxes que descubrimos empregando luz negra. Xa vedes que os experimentos de luz e cor que fixemos estes días despertaron a nosa curiosidade científica...

O noso compañeiro Manuel trouxo lanternas ultravioleta e rotus que empregamos para poder velos. Así descubrimos outros materiais que tamén brillan coa luz negra.










  Estivemos vendo un conto feito con luz negra, Leotolda. Podedes volver velo no seguinte código, e se vos animades podedes debuxar o seu final.