En 1º traballamos de maneira cotiá coas matemáticas, pero sempre tentando que os nenos e nenas vivencien e manipulen para aprender mellor. Aquí tedes algún exemplos:
- O uso do cronómetro na aula resultanos moi motivador á hora de facer actividades e retos matemáticos, nesta ocasión tivemos que formar números de forma que a suma nos dera o resultado marcado nunha tarxeta. Pasámolo xenial!
- Os dados son un material moi versátil para facer cálculos mentais, lecturas, retos...
- Xogos de orientación espacial con temporizador (reloxo de area). Quebra cabezas co panel do 100.
- Incluso traballar formato ficha pode resultar motivador se introducimos elementos manipulativos nelas, favorecendo "tocar" os números.
-Os legos, construccións, etc. Permiten traballar simetrías e xeometría xogando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario