O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e non violencia. No colexio Vilaverde levamos toda a semana preparando diferentes actividades para conmemorar esta data tan importante.
Hoxe saimos ó patio para bailar, completar o cadro de Romero Britto, ler os nosos lemas da paz... Nestes vídeos podedes ver algunhas das manualidades que fixemos en 1º, o baile coa canción de Magín Blanco "Todos somos capitáns", o lema da Paz de cada aula...e por fin coñeceredes a sorpresa que os presentamos onte.
Pero lembrade, a paz debe celebrarse e vivirse todos os días. Os nenos e nenas de 1º o saben facer moi ben, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario