jueves, 31 de marzo de 2022

INVESTIGANDO AS PLANTAS DO NOSO COLE

 Nesta ocasión aproveitamos o bo tempo da semana pasada para salir coas tablets a investigar as plantas que vemos de cotío polo noso colexio. Atopamos moitas camelias pero tamén poidemos descubrir moitas outras que non coñeciamos. 

  A aplicación que empregamos é Plantnet, gratuita e moi interesante para xornadas de caminata en familia, con amigos....

  Valorar o noso, traballar en equipo, consensuar qué investigar... E todo ao aire libre, unha experiencia moi gratificante!

                                        



















viernes, 25 de marzo de 2022

TRIORAMA DAS PLANTAS

 Nova manualidade para rematar un proxecto, neste caso un triorama, que permite visualizar a información de maneira moi atractiva en formato 3D. O alumnado de 1º traballou coma sempre investigando, seleccionando información de vídeos e páxinas web, libros da biblioteca, aportacións das familias... Aprendemos moitas cousas novas sobre coidados das plantas, a fotosíntese, as partes...
 














PLANTAS

 Continuamos co noso proxecto traballando no laboratorio e na aula empregando lupas e microscopios. Visionamos sementes, follas, polen, etc. nas placas e observamos as semellanzas e diferenzas. Ademáis pouco a pouco o noso recanto do proxecto vai enchéndose de traballos, manualidades e moitas camelias!!

                


Cebola no microscopio   
                                  
 


jueves, 17 de marzo de 2022

DICCIONARIO DE ABELLAS

 

A lectura do libro "Dez abellas na laranxeira",de Marilar Aleixandre, serviunos como conector entre os dous proxectos deste trimestre, animais e plantas. Permitiunos aprender máis sobre as abellas e comenzar a traballar co dicionario traballando vocabulario novo e empregando o Dicionario da Real Academia da Lingua Galega no ordenador.


























lunes, 14 de marzo de 2022

PROXECTO: AS PLANTAS

 Xa estamos con novo proxecto para este trimestre. Iniciamos a nova andadura investigando un pouquiño sobre as camelias, aproveitando que Pontevedra foi o lugar escollido para celebrar este ano a Exposición Internacional da Camelia. 

Ademáis plantamos lentellas na aula para pouco a pouco ir descubrindo as partes das plantas e ver cómo medran. E no proceso aprendemos como coidalas, que necesitan para medrar...








Sempre é moi interesante poder tocar, experimentar o que estamos a traballar, e iso foi o que fixemos hoxe na aula .




martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado de 1º estivo investigando como é un día normal dunha muller traballadora. Primeiro fixemos unha pequena entrevista matemática á algunha muller traballadora cercana a nós. Cos eses datos elaboramos unhas gráficas separando o tempo de traballo (o empleo máis o coidado de fillos máis o traballo doméstico), o tempo de descanso e o tempo de lecer.

  Os resultados sorprendéronnos moito, moitísimo, pois non sabíamos que as mulleres do noso entorno traballaban tantas horas cada día e case sen tempo libre.





  O mellor de todo é o compromiso que todos os nenos e nenas fixemos a partires de hoxe: colaborar moito máis nas tarefas da casa e ser máis autónomos das nosas responsabilidades diarias.