miércoles, 24 de mayo de 2023

MONUMENTOS DE ESPAÑA


  Durante estes días os nenos e nenas de 2º fixeron unhas preciosas exposicións sobre o monumento de España que cada quen elixiu porque estiveron nel, porque lles chamou a atención, porque a familia sí que o coñecía... Con este proxecto estamos a traballar un montón de aspectos: xeografía, medios de transporte, medidas de lonxitude, datas históricas, acontecementos históricos, materiais, etc.

Gústanos tanto o tema que queremos ir a coñecer todos, así que familias, ide preparando as vacacións deste verán con destino a...















 

SEMENTANDO NA HORTA

 Hoxe todos os nenos e nenas de 2° fomos a plantar as sementes que nos deran como agasallo na Misión Biolóxica de Galicia. Agardamos que medren axiña!!!










jueves, 18 de mayo de 2023

SALIDA Á FÁBRICA DE CLESA

 Nesta ocasión poidemos ver in situ o funcionamiento dunha fábrica, a maquinaria, os pasos no proceso de produción... 

Ademáis de degustar produtos da marca, fixemos de cociñeiros misturando iogur con diferentes cereais. 

Para rematar visitamos a fervenza de Segade e desfrutamos un pouco da natureza. 
























jueves, 4 de mayo de 2023

VISITA AO BARCO RIO LUNA

   Hoxe tivemos unha saída moi especial: estivemos no barco Río Luna, do Servicio Marítimo de Pontevedra. Varios gardas civís ensínaronnos todo o barco, dende as bodegas ata a cociña, a sala de motores, a ponte de mando, a lancha para emerxencias... Falaron con nós do seu traballo no mar e de seguro que moitos nenos e nenas pensan ser garda civil no futuro.

  Como este barco está nas instalacións da Escola Naval de Marín, aproveitamos para facer un pequeno percorrido por algunhas das súas dependencias: o planetario e o simulador. Encantounos "maniobrar" pola ría de Pontevedra con vento, chuvia, de noite...algún de nós ata tivo sensación de mareo!!!

  Moitas gracias para os dous papás de nenos e nenas de 2º que fixeron posible esta experiencia, adicaron moito do seu tempo para estar con nós con toda a paciencia e o cariño do mundo. Gracias!!!