Hoxe tivemos unha saída moi especial: estivemos no barco Río Luna, do Servicio Marítimo de Pontevedra. Varios gardas civís ensínaronnos todo o barco, dende as bodegas ata a cociña, a sala de motores, a ponte de mando, a lancha para emerxencias... Falaron con nós do seu traballo no mar e de seguro que moitos nenos e nenas pensan ser garda civil no futuro.
Como este barco está nas instalacións da Escola Naval de Marín, aproveitamos para facer un pequeno percorrido por algunhas das súas dependencias: o planetario e o simulador. Encantounos "maniobrar" pola ría de Pontevedra con vento, chuvia, de noite...algún de nós ata tivo sensación de mareo!!!
Moitas gracias para os dous papás de nenos e nenas de 2º que fixeron posible esta experiencia, adicaron moito do seu tempo para estar con nós con toda a paciencia e o cariño do mundo. Gracias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario