viernes, 28 de enero de 2022

DÍA DA PAZ 2022

 O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e non violencia. No colexio Vilaverde levamos toda a semana preparando diferentes actividades para conmemorar esta data tan importante. 

Hoxe saimos ó patio para bailar, completar o cadro de Romero Britto, ler os nosos lemas da paz... Nestes vídeos podedes ver algunhas das manualidades que fixemos en 1º, o baile coa canción de Magín Blanco "Todos somos capitáns", o lema da Paz de cada aula...e por fin coñeceredes a sorpresa que os presentamos onte.

Pero lembrade, a paz debe celebrarse e vivirse todos os días. Os nenos e nenas de 1º o saben facer moi ben, verdade?

                                                                 Día da Paz1ºB


                                                                Día da Paz 1ºA

jueves, 27 de enero de 2022

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

 Levamos traballado moito nesta actividade, mirade o proceso de creación destas pezas: lá, madeira, cores... e xa temos o resultado, que poderá ser esto? Mañá mostraremos o producto final! 












viernes, 21 de enero de 2022

PROXECTO: ANIMAIS AUTÓCTONOS DE GALICIA

 Comezamos trimestre e nova andadura con este proxecto no que descubriremos moitas cousas: alimentación, hábitat, reproducción, características e curiosidades sobre os animais que podemos atopar no noso mapa galego. 

Tras investigar toca expoñer e todas e todos estamos moi nerviosos e con ganas de ensinar aos compañeiros e compañeiras o que temos averiguado.

INVESTIGACIÓNS 1ºA

Mais investigacións 1° A

Exposicións 1ºB

Queremos que vesades esta pedazo de investigación feita polo noso compañeiro Manuel en formato entrevista:   Investigación realizada por Manuel 1ºA







miércoles, 12 de enero de 2022

CAMIÑO PORTUGUÉS

 Comezamos o novo trimestre descubrindo as especies autóctonas e invasoras de árbores, e atopamos pegadas de xabaril!!!, E todo enmarcado nunha parte do Camiño Portugués dentro do Camiño de Santiago. 

Desfrutamos moito, e foi unha xornad ao aire libre e contacto ca natureza espectacular!