sábado, 27 de noviembre de 2021

VIVENDO AS MATE

  Seguimos avanzando no cálculo, a numeración, razoamento lóxico-espacial... O noso tablero do 100 axúdanos a visualizar os números pares e impares, recoñecer patróns, traballar coas decenas, etc. 





A recta numérica no chan é un recurso moi útil para vivenciar sumas e restas dando chimpos para adiante ou para atrás. 





As regletas permítennos establecer asociacións numéricas e recoñecer as decenas e as unidades.




Temos xogos novos, sempre relacionados coas matemáticas, que non poden gustar máis!!



Traballar e xogar con cronómetro é motivador para o alumnado e ademáis permítenos introducir o reloxo e o paso do tempo.




Secuencia numérica traballada coa dinámica cooperativa "Folio xiratorio". Este tipo de actividades fomentan o traballo en equipo, a colaboración e a titorización entre iguais.

















 

viernes, 19 de noviembre de 2021

SEGUIMOS CO PROXECTO

 Nesta ocasión fixemos un percorrido polo noso centro, descubrindo novos espacios e coñecendo a todos e todas as persoas que traballan nel. Estivemos no laboratorio, na aula maker, na estación meteorolóxica, no recanto de lectura... Temos un cole xenial e cheo de sorpresas!!! 













Ademáis o noso recanto de información non para de medrar. Mirade que bonito o temos xa! 









SORPRESA DENDE A PALMA

 Esta semana tivemos a sorte de recibir na aula un pouquiño de cinza do Volcán activo da Palma. 

A nosa compañeira Julieta mostrounos e contounos como a conseguiu, puidemos ulila, vela de preto e concienzarnos da magnitude da situación. 

Ademáis Julieta presentou a cinza en varias aulas que traballaron o volcán durante este trimestre! 










viernes, 12 de noviembre de 2021

COMPETENCIA DIXITAL E COMPETENCIAS CURRICULARES

 Esta semana traballamos e xogamos coas tecnoloxias. Trátase dun recurso moi motivador que as nenas e os nenos de primeiro desfrutamos moitísimo, é tremendamente versátil. 

Nesta ocasión traballamos as sílabas que forman as palabras, comprensión lectora e fonética cun xogo de dinosaurios que nos trouxo a mestra Cris. 







A BIBLIOTECA DO COLE

  Despois dun curso sen poder visitar a nosa biblioteca do cole,  tiñamos moitas ganas de poder vir e curiosear polas estanterías cheas de libros, poñernos cómodos e cómodas para ler tranquilmente un conto e coller libros en préstamo para levar a casa. 






viernes, 5 de noviembre de 2021

PROXECTO: O NOSO ENTORNO



Xa levamos varias semanas traballando no noso proxecto. Partimos de nós para coñecer todo o que nos rodea: familia, vivenda, colexio e cidade. 

Estamos a traballar moito a expresión oral en galego coas exposicións das nosas habitacións, investigando diferentes tipos de vivendas e debatindo sobre inventos no fogar. 

Hoxe fixemos un quebracabezas sobre o noso lugar favorito do colexio! 

E estes días xogamos con bloques de construción e investigamos sobre diferentes tipos de vivendas!