viernes, 31 de marzo de 2023

REMATANDO PROXECTO

 Rematamos proxecto das profesións cunha sinxela manualidade: unha ruleta cos tres sectores económicos máis un pequeno esquema cos traballos que pertencen a cada un.



 
  A manualidade de hoxe para despedir o trimestre foi decorar un pequeno boneco de madeira co noso EU do futuro. Primeiro describimos nunha folla cal sería a nosa profesión ideal, as ferramentas utilizadas, tarefas do traballo, etc. e despois plasmamos todas esas ideas nos bonecos. Utilizamos goma eva, la, olliños, pequenas palliñas, purpurina e a nosa imaxinación para facer cantantes, científicas, profes, bombeiros, mestres, panadeir@s, bombeir@s, futbolistas .... Xenial!!!























viernes, 24 de marzo de 2023

CORPOS XEOMÉTRICOS


 Aproveitando que rematamos de ler o libro "La geometría del faraón" repasamos un dos corpos xeométricos que máis nos poden gustar: a pirámide. Desta vez montamos unha pirámide de cartolina, pero como verdadeiros arquitectos e arquitectas exipcios deseñamos todos os detalles do interior: a cámara do tesouro, o sarcófago, os laberintos, as trampas...













  Agora toca relacionar o sector secundario (industria) co sector terciario traballando o cilindro: o paso da elaboración dunha bebida saudable ao deseño do envase. Falamos de oficios como  publicistas, deseñadores gráficos...








O prisma, neste caso, o cuadrangular, foi o protagonista doutra sesión de xeometría aplicando as ideas aprendidas no proxecto "Os oficios". Que podemos construir cun prisma? Xusto! Bloques de edificios, hospitais, almacéns, escolas, hoteis...menudo despliegue de arquitectura e deseño de cidades fixeron os rapaces e rapazas de 2º!!!














martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA ÁRBORE: VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA

   Hoxe 21 de marzo é o Día da Árbore e os Bosques. Que mellor maneira de conmemorar esta data que visitando a Misión Biolóxica de Salcedo, preto de Pontevedra. Alí Pedro e Fani, biólogos vexetais, explicaronnos que teñen un catalágo de sementes na Misión, mostráronnos as árbores máis especiais, os cultivos nos que traballan para mellorar a producción, os diferentes tipos de millo que existen... ata fixemos unha búsqueda do tesouro cun final moi especial.