martes, 7 de marzo de 2023

VISITA AO SUPER!!

   Que ben o pasamos hoxe na saída por Pontevedra!!! Fixemos un pequeño roteiro polas principais prazas da vila: a Pedreira, a Estrela, a Ferrería, a Verdura, a Leña...Aprendimos que se chaman así polos oficios que nelas se traballaban fai moitos anos. Tamén visitamos o Mercado de Abastos, unha visita curtiña para analizar as materias primas que alí se venden e logo comparar coa visita ao supermercado Gadis da rúa Benito Corbal.

 Neste supermercado tivemos unha charla moi interesante sobre alimentación saudable, e logo de percorrer todas as seccións...puidemos mercar a merenda co noso diñeiro!!!! Encantounos ser tan independentes  e fixémolo moi ben. E de remate... tempo libre no parque para xogar un pouco!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario