Como xa sabedes estamos a traballar os Sectores Económicos e as profesións. Neste sentido acudimos este martes ás instalacións de Correos onde nos ensinaron todas as actividades que alí se desenvolven, dende o comezo do proceso (coa compra do selo), ata a clasificación por sectores nos casilleiros para organizar os carros, motos, etc. para o reparto das cartas ou paquetes.
As nenas e nenos de 2º escribimos unha carta ás nenas e nenos de 3º, facendo preguntas sobre o novo curso, xa vai quedando menos para rematar e estamos todas e todos inquedos. Tivemos a oportunidade de traballar no mostrador pesando a carta e pagar o selo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario