viernes, 28 de abril de 2023

PROXECTO: UNHA VIAXE POLO MUNDO

 Comezamos a organizar as vacacións e imaxinar que monumentos do mundo poderíamos visitar. Para organizar esta viaxe precisamos saber que medios de transporte poderemos usar, o prezo do billete, a distancia a percorrer e coñecer algúns aspectos importantes sobre o monumento: país, cidade, altura, data,  quen o fixo e por que... 

Asi que por grupos cooperativos, e mellorando a nosa competencia dixital na búsqueda e selección de  información, fixemos unha exposición con pequenos carteis no mapamundi.





                                      
                                     

                                     

                                      










martes, 25 de abril de 2023

O BOSQUE DA ESPERANZA

 Hoxe plantamos 100 árbores no monte de Fracha xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º. Repoblamos unha pequena zona con bidueiros, piñeiros, carballos e sobreiras para formar O bosque da esperanza.

 Varios periodistas do Canal Rías Baixas entrevistáronos para falar da experiencia. Seguro que dentro de moitos anos estaremos moi orgullosos das nosas árbores.




domingo, 23 de abril de 2023

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

   Este ano no cole decidimos conmemorar a data do Día do Libro cunha homenaxe a outra arte: o cine. Cada curso elixe un libro ou conto que teña feita a película, e a partires de ahí traballaremos esta semana que ven varios aspectos relacionados coas personaxes, a ambientación, o ritmo da película, etc. 

  Lucía, a nosa compañeira de prácticas deste curso, despediuse o venres do alumnado cun fermoso agasallo: unha lectura dramatizada do conto: Onde viven os monstros. 

Moitas gracias Lucía, querémoste un montón e botaremos moito de menos o teu sorriso!!!



jueves, 20 de abril de 2023

COMO É UNHA FÁBRICA DE CONSERVAS?

   Hoxe tivemos a visita de Daniel, o papá da nosa compañeira Paula. El é inxenieiro e traballa nunha empresa enorme de conservas no Grove. A súa presentación trataba de como e onde pescan o atún, como se mete en latas, como se esteriliza, que máquinas e robots hai na súa fábrica e, o máis importante, a xente que traballa alí con el. Repasamos moitos conceptos: bandeiras de países, océanos,  tipos de atún, pesca sostible, xeografía de España e Galicia, medidas de seguridade no traballo... e no seu vídeo puidemos observar o proceso de cocción, empacado, esterilización e almacenamento da fábrica. Quedamos realmente impresionados pola liña de producción, pois as latas van polo teito!!

  Ao final Daniel preparou un trivial de preguntas por grupos que acabou en empate, polo que todos e todas tivemos un pequeno agasallo de recordo.

  Ademáis o noso compañeiro Alex tiña feito un gran traballo de investigación sobre o atún que aproveitou para ensinarnos.

 Moitas gracias Daniel!!!
















  

viernes, 14 de abril de 2023

UNHA VIAXE POLO MUNDO

  Mañá 15 de abril é o Día da Arte e o luns 18 celebramos o Día dos Monumentos, así que dende 2º quixemos conmemorar as dúas datas unificando co noso novo proxecto: Unha viaxe polo mundo. Eleximos o cadro do artista nipón Katsushika Hokusai  "A gran onda de Kanawaga" para que o alumnado tentara reproducirlo por varias razóns: para traballar unha nova cultura moi lonxe da nosa, para coñecer o nome do monte protagonista do cadro, o monte Fuji, un verdadeiro monumento no Xapón e para seguer profundizando na técnica de pintura en varios tons, mixtura de cores...

 Os nosos nenos e nenas amosan ser verdadeiros artistas!!!