Mañá 15 de abril é o Día da Arte e o luns 18 celebramos o Día dos Monumentos, así que dende 2º quixemos conmemorar as dúas datas unificando co noso novo proxecto: Unha viaxe polo mundo. Eleximos o cadro do artista nipón Katsushika Hokusai "A gran onda de Kanawaga" para que o alumnado tentara reproducirlo por varias razóns: para traballar unha nova cultura moi lonxe da nosa, para coñecer o nome do monte protagonista do cadro, o monte Fuji, un verdadeiro monumento no Xapón e para seguer profundizando na técnica de pintura en varios tons, mixtura de cores...
Os nosos nenos e nenas amosan ser verdadeiros artistas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario