jueves, 20 de abril de 2023

COMO É UNHA FÁBRICA DE CONSERVAS?

   Hoxe tivemos a visita de Daniel, o papá da nosa compañeira Paula. El é inxenieiro e traballa nunha empresa enorme de conservas no Grove. A súa presentación trataba de como e onde pescan o atún, como se mete en latas, como se esteriliza, que máquinas e robots hai na súa fábrica e, o máis importante, a xente que traballa alí con el. Repasamos moitos conceptos: bandeiras de países, océanos,  tipos de atún, pesca sostible, xeografía de España e Galicia, medidas de seguridade no traballo... e no seu vídeo puidemos observar o proceso de cocción, empacado, esterilización e almacenamento da fábrica. Quedamos realmente impresionados pola liña de producción, pois as latas van polo teito!!

  Ao final Daniel preparou un trivial de preguntas por grupos que acabou en empate, polo que todos e todas tivemos un pequeno agasallo de recordo.

  Ademáis o noso compañeiro Alex tiña feito un gran traballo de investigación sobre o atún que aproveitou para ensinarnos.

 Moitas gracias Daniel!!!
















  

No hay comentarios:

Publicar un comentario