Nestes dias estamos sendo os perfectos anfritrións dos nenos e nenas de Infantil de 5 anos, que viñeron as nosas aulas para coñecer os pequenos e grandes cambios que o salto a Primaria implica. Revisaron as nosas libretas, os archivadores, os estoxos... Despois todos xuntos fixemos unha pequena manualidade con témperas de cores e as mans. Esas manciñas van ser moi, moi importantes para aprender a escribir en minúsculas en 1º!!!!
Que ben ser portaron estes nenos e nenas. Grandes momentos de convivencia que fomentan o compañerismo e facilitan o paso dunha etapa a outra.
Moitas grazas pola vosa visita, compañeiros e compañeiras!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario