Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e Non Violencia na escola. Ao longo destas semanas estivemos traballando o tema dende diferentes áreas e de múltiples maneiras. Este é un pequeno resumo das actividades feitas:
Traballando con materiais diferentes: pombas de algodón.
Símbolos da paz traballados en Valores: Mandalas de pombas para decorar a aula, o símbolo "hippie" da paz...
Coñecendo a Mahatma Gandhi: o día 30 de xaneiro foi elexido como Día da Paz e Non Violencia nos centros escolares como homenaxe a este gran pacifista indio.
Decoración libre dunha pomba da paz homenaxeando a Pablo Picasso cun lema elexido por toda a clase.
Pulseras da paz na clase de Valores
E por fin chegou o momento do baile da canción "Paz, paz, paz" de Juanes. Unha parella de cada aula presentou o lema que levaba a pomba no peteiro e colocámola no mural conxunto "Pombas pola paz".
No hay comentarios:
Publicar un comentario