Esta semana celebramos a Semana da Nena e a Muller na Ciencia, polo que traballamos a data con varias actuacións, tanto no cole como nas nosas aulas.
Nenas científicas: varias nenas foron ás clases de 4 anos para realizar o experimento de conseguir neve con auga e bicarbonato.
Cada día da semana fixemos unha lectura comprensiva acerca dunha muller inventora. Depois tratamos de mellorar o seu invento: o periscopio, o lavalouza, o bote salvavidas, a xeringa...
Tivemos a sorte de contar coa visita de Eva e Jose, dous biólogos mariños do Oceanográfico de Vigo, que viñeron ensinarnos a asombrosa biodiversidade presente nas nosas augas, e a través do xogo, tivemos a oportunidade de "tocar" diversas especies, ver unha mandíbula de tiburón, esponxas de cristal, placton e moito máis!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario