Este mes de maio adentrámonos de cheo na Prehistoria!
Neste tema retomamos as investigacións, moitas nenas e nenos están a realizar exposicións sobre as pinturas rupestres, as etapas da Prehistoria, etc. Tamén limos sobre o yacimiento de Atapuerca, O Miguelón, etc. practicamos o tema coa creación de esquemas e cunha manualidade sinxela de pintura rupestre con carboncillo!
Aproveitamos para realizar a saída fin de curso ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Alí desfrutamos de moitas actividades: roteiro polos petróglifos, obradoiro de cerámica, yincana en equipo polo parque.... e ata xogo libre para descubrir a contorna, árbores, camiños secretos e labirintos! Finalmente presenciamos unha demostración de cómo facían o lume na Prehistoria. Usaban pedras como sílex, pirita...tamén a técnica de frotado con paus e palla seca, ENCANTOUNOS!
Deixámosvos unhas actividades interactivas para que repasedes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario