Hoxe tivemos unha mañá moi axitada pois estabamos a traballar moito na clase ás 10 cando, de súpeto, escoitamos o timbre do cole soar unha e outra vez. Como xa tiveramos moi ensaiado o que hai que facer nestes casos de emerxencias, todas e todos reaccionamos con calma e de manera ordeada fixemos as filas e saímos para o patio descuberto. Alí atopámonos con todos os compañeiros e compañeiras do cole e as profes, e xa nos explicaron que non había lume nin nada, que todo foi un simulacro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario