O día 13 de novembro iniciamos un ciclo de exposicións de tema libre en lingua galega ou castelá.
As
exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían
acompañarse con
fotos, esquemas, maquetas, presentacións PPT, cartolinas-murais, libros ou
contos...
A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.
Houbo que presentar previamente un guion da charla. Os temas escollidos foron do máis variado. Resultou moi enriquecedor e aprendemos a ser un público curioso, entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.
Compartimos algunhas imaxes destas exposicións:
No hay comentarios:
Publicar un comentario