- RETO DESTA SEMANA: ELABORAR UNHA RECEITA
SERÍA BO QUE AS COMPARTIRAMOS CO RESTO DE COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, NON IMOS PERMITIR QUE ALGO TAN APETITOSO QUEDE NO ANONIMATO!! FAREMOS "AS RECEITAS VILAVERDE PARA QUEDAR NA CASA"
PARA ISO CUBRIREMOS UNHA FICHA (EN MAIÚSCULAS) QUE PODRÍA TER O FORMATO QUE TENDES DEBAIXO, ONDE POÑEREMOS:
1. NOME DA RECEITA
2. INGREDIENTES
3. FOTO DE COMO NOS QUEDOU A RECEITA OU FOTO COMENDO ESE MANXAR.
UNHA VEZ FEITA A FICHA SACÁDESLLE UNHA FOTO E REMITÍDELA AO CORREO:
victomerr@gmail.com
ANTES DE FACER A RECEITA PODEMOS FACER ESTAS ACTIVIDADES:
-FALAR DE COMO SON OS ALIMENTOS QUE ELEXIMOS PARA A NOSA RECEITA: DOCES, SALGADOS, SE SON FROITAS, VERDURAS, LÁCTEOS,... COMO É A SÚA TEXTURA, QUE COLOR TEÑEN,...
-NORMAS DE HIXIENE ANTES DE COCIÑAR: LAVAR BEN AS MANS, OS ALIMENTOS,...
-DEBUXAR OS ALIMENTOS, INGREDIENTES.
-CONTAR OS INGREDIENTES E ESCRIBIR O NÚMERO.
-DEBUXARNOS VESTIDOS DE COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS.
MANS A OBRA COCIÑEIR@S!!
- SE ENTRADES NO SEGUINTE ENLACE :https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ PODEDES ATOPAR ALGUNHA PROPOSTA INTERESANTE PARA FACER NA CASA.
- IOGA PARA NENAS E NENOS (ACTIVIDADE DE AULAS GALEGAS):Sesión de Ioga para infantil (3º sesión)
- HAI MÁIS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES NOS BLOGS DE: STEM, BIBLIOTECA, INGLÉS INFANTIL (PRE-PRYMARY), E. FÍSICA PEQUES, MÚSICA E DINAMIZACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario