jueves, 30 de enero de 2025

OBRADOIROS CRUZ VERMELLA: AS EMOCIÓNS E AS HABILIDADES SOCIAIS

Esta semana o alumnado de 4º tivemos un obradoiro coa CRUZ VERMELLA sobre emocións e habilidades sociais.

Reflexionamos sobre a importancia da autoestima e das habilidades para relacionarnos cos demais. Tamén falamos sobre diferentes emocións como a alegría, o medo, a tristeza, a ansiedade, a envexa, a frustración... Ofrecéronnos pautas para superar momentos nos que sentimos frustración ou ansiedade. Mesmo falamos un pouco sobre o uso de aparellos electrónicos e o acceso a internet, lembrando pautas de seguridade na rede.







No hay comentarios:

Publicar un comentario