lunes, 20 de enero de 2025

COMEZAMOS 2ºTRIMESTRE

Para iniciar o trimestre practicamos o galego contando lembranzas de Nadal. Escribímolas nunha bóla de neve que logo decoramos por fóra. Aproveitamos para  compartilas en alto e buscar aspectos a mellorar. Xa imos collendo o truco a isto de corrixir textos: Repítese algunha palabra? Úsanse conectores? Hai pausas suficientes? Pódense engadir detalles?

 

Tamén  fixemos unha dinámica en equipo co libro LA GRAN NEVADA. Por grupos, escribiron a continuación da historia e propuxeron diferentes solucións ao problema presentado no conto. Houbo variedade de ideas!  Deixamos o libro por se o queredes escoitar narrado e practicar a entoación:

En galego estamos cuns RETOS DE ESCRITURA que imos superando semana a semana. Revisamos fragmentos escritos por nós para corrixir puntuación, evitar repeticións, practicar ortografía... Tamén seguimos a ler o libro de María Canosa, ESCOLA DE BRUXAS.

Nas ciencias, as nosas mascotas escribíronnos unha carta para ofrecernos datos curiosos sobre España e os seus territorios. Estamos a aprender Comunidades Auónomas, provincias...  Tamén estamos a aprender sobre a alimentación e hábitos saudables. Se queredes practicar, podedes repasar as actividades interactivas na aula virtual.

 

 
 💪💫
 
 A POLO 2º TRIMESTRE!
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario