jueves, 30 de enero de 2025

OBRADOIROS CRUZ VERMELLA: AS EMOCIÓNS E AS HABILIDADES SOCIAIS

Esta semana o alumnado de 4º tivemos un obradoiro coa CRUZ VERMELLA sobre emocións e habilidades sociais.

Reflexionamos sobre a importancia da autoestima e das habilidades para relacionarnos cos demais. Tamén falamos sobre diferentes emocións como a alegría, o medo, a tristeza, a ansiedade, a envexa, a frustración... Ofrecéronnos pautas para superar momentos nos que sentimos frustración ou ansiedade. Mesmo falamos un pouco sobre o uso de aparellos electrónicos e o acceso a internet, lembrando pautas de seguridade na rede.







lunes, 20 de enero de 2025

LIBROS VIAXEIROS

Que estarán argallando Masín e Simba? Parece que conseguiron dous novos libros para cada clase de 4º e os queren compartir co alumnado. Este venres desvelarán unha sorpresa que están preparando con eles.



PREPARAMOS O DÍA DA PAZ

Para o día da Paz cantaremos e signaremos unha fermosa canción de GUADI GALEGO. Estes días estamos a traballar con ela nas clases de 4º, reflexionaremos sobre a importante mensaxe que transmite. Animádesvos a practicala? Por aquí a deixamos:



COMEZAMOS 2ºTRIMESTRE

Para iniciar o trimestre practicamos o galego contando lembranzas de Nadal. Escribímolas nunha bóla de neve que logo decoramos por fóra. Aproveitamos para  compartilas en alto e buscar aspectos a mellorar. Xa imos collendo o truco a isto de corrixir textos: Repítese algunha palabra? Úsanse conectores? Hai pausas suficientes? Pódense engadir detalles?

 

Tamén  fixemos unha dinámica en equipo co libro LA GRAN NEVADA. Por grupos, escribiron a continuación da historia e propuxeron diferentes solucións ao problema presentado no conto. Houbo variedade de ideas!  Deixamos o libro por se o queredes escoitar narrado e practicar a entoación:

En galego estamos cuns RETOS DE ESCRITURA que imos superando semana a semana. Revisamos fragmentos escritos por nós para corrixir puntuación, evitar repeticións, practicar ortografía... Tamén seguimos a ler o libro de María Canosa, ESCOLA DE BRUXAS.

Nas ciencias, as nosas mascotas escribíronnos unha carta para ofrecernos datos curiosos sobre España e os seus territorios. Estamos a aprender Comunidades Auónomas, provincias...  Tamén estamos a aprender sobre a alimentación e hábitos saudables. Se queredes practicar, podedes repasar as actividades interactivas na aula virtual.

 

 
 💪💫
 
 A POLO 2º TRIMESTRE!