Xa rematamos 4º, un curso cheo de aprendizaxes e bos momentos xuntos. DESFRUTÁMOLO MOITO!
Agora toca pasalo ben no verán e descansar (lembrade tamén repasar un pouquiño coas recomendacións de verán que vos deixamos 😉 )
Xa rematamos 4º, un curso cheo de aprendizaxes e bos momentos xuntos. DESFRUTÁMOLO MOITO!
Agora toca pasalo ben no verán e descansar (lembrade tamén repasar un pouquiño coas recomendacións de verán que vos deixamos 😉 )
A vindeira semana as clases de 4º realizarán unha saída ao Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla.
Para preparar a visita farán un traballiño no que busquen información do lugar e inclúan parte do aprendido estas semanas sobre os romanos.
Webs para investigar:
Apartados do traballo:
1.Localización
2.Qué ver alí
3.Cómo eran as casas romanas
4. Outros vestixios romanos en Galicia
📷A nosa visita á vila romana:
Xa queda pouquiño de curso rapazada de 4º! Pero aínda imos aproveitar para aprender novos temas.
Nestas semanas imos traballar a Idade Antiga e as máquinas.
Para achegarnos á historia da nosa cidade, realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra, onde realizamos un xogo de pistas. Completamos a saída cun roteiro pola cidade. Lembramos cousiñas que nos contaron o ano pasado sobre os escudos e o ampliamos con edificios antigos da cidade como as ruínas de Santo Domingo, a Igrexa de Santa María, os restos da muralla... Foi moi interesante coñecer a historia da nosa vila!
Estes días iremos traballando todos estes temas. Deixamos aquí algúns vídeos e actividades que poden ser da vosa interese:
Concurso de preguntas. iberos e celtas
Os romanos, actividade interactiva
Este mes de maio adentrámonos de cheo na Prehistoria!
Deixámosvos unhas actividades interactivas para que repasedes:
As clases de 4º participamos nun apadriñamento lector coas nenas e os nenos de 3 anos e de 4 anos B.
Eliximos os contos na biblioteca e practicamos durante uns días a lectura dramatizada, inventamos pequenas rimas para dar comezo ás historias e ata algún grupo se animou a crear as súas marionetas!
Despois de practicar, eliximos un día solleiro e saímos ao patio coas pequenas e pequenos de infantil. Que bo rato pasamos entre libros!
O 7 de maio, as clases de 4º de primaria e o combo musical de 5º , fomos á entrega de premios do concurso "Cantando coas mans" en representación de toda a comunidade educativa do noso colexio.
Desfrutamos das actuacións dos demais centros educativos, así como dunha fermosa actuación de cantareiras.
Anxo V. coa súa voz e Antía coa LSE, foron os encargados de subir ao escenario para dar o agradecemento pola Mención de Honra que o noso colexio recibiu neste concurso. Logo, o alumnado de 4º, o combo de 5º, as profes e Iria, a nosa intérprete en LSE, cantamos e signamos a canción coa que participamos, Recoñecéndome de Guadi Galego.
O Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra ofreceu un concerto didáctico que nos deixou abraiados!
Primeiro presentáronse todos os instrumentos da orquestra tocando unha pequena melodía. Logo, deron paso á narración da coñecida obra PEER GYNT, á vez que a orquestra musicalizaba moitos dos fragmentos. Deixamos aquí, algunhas das composicións musicais por se queredes lembralas:
O próximo curso hai que repetir esta xenial experiencia!
💫
O 7 de abril conmemoramos no colexio o día da saúde. Realizamos unha carreira solidaria xunto coa Fundación "Unoentrecienmil" que loita contra a leucemia infantil. Recaudáronse fondos para impulsar a investigación contra esta enfermidade.
Bailamos ao son da Macarena e de moitas máis melodías. Logo tivo lugar a carreira, menuda velocidade levaban as nenas e nenos de 4º!
Polas clases de 4º seguimos a practicar a expresión escrita. No que levamos de trimestre deixamos voar a imaxinación e escribimos diarios de acampada, textos de opinión sobre ir de hotel ou de acampada, folletos de cidades e vilas inventadas, descricións de lugares, mensaxes dende unha illa deserta, mascotas máxicas como a de Mencía de Escola de Bruxas... e moitas máis.
✏ 📓📃🖉
Lembramos os nosos truquiños máxicos:
Deixamos tamén exercicios sinxelos de escritura para practicar:
Este mes de marzo rematamos o libro de María Canosa, ESCOLA DE BRUXAS, e tivemos o gusto de pasar un tempiño coa súa autora. Countounos unha chea de anécdotas sobre o libro e sobre a súa profesión de escritora.
Tamén aproveitaron para escribir sobre as súas mascotas máxicas: peixes de cores, parrulos, ratos, abellas.... tiveron ideas moi orixinais!
GRACIAS MARIA CANOSA por visitarnos e ser fonte de inspiración para nós!
💗
Unha forma xenial de aprender máis sobre as paisaxes de Galicia é a través dos traballos que presentou o alumnado de 4º: O Pontillón do Castro, Portalén, Ribadavia, Illas Cíes, Corrubedo, Fragas do Eume, Muíño de A Seca e moitos máis! O formato foi moi variado, dende presentacións dixitais ata traballos a man con información, debuxos, fotografias... todos nos encantaron. Moitas grazas a todas as nenas e nenos pola súa colaboración e implicación nas exposicións.
Tamén realizaron presentacións sobre a enerxía e a materia. Moito traballaron!
BO TRABALLO, NENAS E NENOS DE 4º
💜
Actividades de repaso:
As clases de 4º puideron disfrutar dunha obra musical cunha temática moi importante na actualidade: a reciclaxe e o coidado do medio ambiente.
De forma divertida e con moito ritmo, repasaron as 3R e a súa relevancia no día a día. Mesmo saíron compañeiras ao escenario!
Foi unha mañá con moita música e moitas risas!
🎵🎵🎶🎶
O tema das paisaxes axúdanos a practicar vocabulario e expresión oral en galego para falar de viaxes ou excursións a diferentes lugares. Nestas actividades interactivas podedes repasar algún vocabulario e o verbo ir que estivemos practicando na clase:
https://www.liveworksheets.com/es/node/3568578
Ademáis, das descricións de lugares e de analizar lecturas con mapas e roteiros. Proximamente prepararemos cousiñas sobre parques naurais, deixámosvos por aquí ligazóns que poden ser de interese
https://patrimonionatural.xunta.gal/gl/parques-naturais
🌳⛺
Fai uns días tivemos unha charla coa nutricionista Inés e a S.D. Teucro. Nela aprendimos sobre hábitos alimenticios saudables e sobre a importancia da actividade física diaria. Ademais de darnos ideas sobre comidas sans e equilibradas, tamén nos agasallaron cun almorzo con moita froita!
GRAZAS POLAS ENSINANZAS!
Por 4º o alumnado estivo moi atarefado preparando disfraces, elaborando e gravando o xuízo a Vilaverdiño e deseñando as plumas para vestilo.
Tamén tivemos tempo para ensaiar unha coreografía para bailar o día do desfile, estes minions de 4º teñen moito ritmo!
O pasado venres realizamos unha saída ao Café Moderno. Alí realizamos un roteiro e un obradoiro sobre Castelao.
Á vez que percorríamos as diferentes salas, coñecemos a historia deste polifacético autor. Foi médico, escritor, pintor, político e ata escenógrafo!
Tamén tivemos a oportunidade de aprender sobre a nosa cidade, un referente cultural para Castelao e demais personaxes da súa época. Sabiades que o Café Moderno foi o primeiro cine de Pontevedra? 🎦
Tamén vimos estes carteis que falan do Estatuto...que mensaxe quererán transmitir?