viernes, 4 de abril de 2025

VISITA DE MARÍA CANOSA

Este mes de marzo rematamos o libro de María Canosa, ESCOLA DE BRUXAS, e tivemos o gusto de pasar un tempiño coa súa autora. Countounos unha chea de anécdotas sobre o libro e sobre a súa profesión de escritora.


Para darlle a benvida, o alumnado de 4º preparou un mural no que decorou as letras e engadiu uns debuxos moi especiais: retratáronse a elas e eles como bruxos modernos, como Mencía en Escola de Bruxas. Ademais, engadíronse unha mascota máxica e diversos elementos que representaban os seus gustos e intereses.

Tamén aproveitaron para escribir sobre as súas mascotas máxicas: peixes de cores, parrulos, ratos, abellas.... tiveron ideas moi orixinais!

GRACIAS MARIA CANOSA por visitarnos e ser fonte de inspiración para nós!

💗

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario