Xa cheira a Magosto 🌰🌰!
Este mes estivo cheo de novidades de outono, unha delas foi a chegada de Antío ao colexio. Vímolo na entrada e recibimos da súa parte unhas cartas moi especiais:
Nelas propúxonos o reto de descubrir adiviñas do Magosto. As clases de 4º animámonos a lelas e adiviñalas, algunhas aprendémolas e escribímolas.
E como non hai Magosto sen castañas, fomos apañalas á Casa Rústica Isabel, un lugar no que desfrutamos collendo castañas, cruzando regatos, atopando sapos e animais do monte... ata puidemos merendar no xardín da casa e desfrutar do bonito espazo que nos deixaron. MOITAS GRAZAS PAI DE MARA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario