lunes, 21 de octubre de 2024

O CORPO HUMANO E O ESPACIO

Estes primeiros meses estamos metidos de cheo na temática do UNIVERSO e o  SISTEMA SOLAR.

Repasamos contidos sobre planetas e outros astros, movementos da Terra, a lúa e as súas fases, os eclipses... creamos uns esquemiñas en cartolina que nos están servindo para estudar. 

Ademais, contruímos un sinxelo mecanismo para ver o ECLIPSE DE SOL e o ECLIPSE DE LÚA.

Tamén aproveitamos para ler e traballar estratexias de comprensión con textos sobre os calendarios, os cohetes e os traxes espaciais dos astronautas,  o telescopio e Galileo Galilei...! 

Moitos nenos e nenas animáronse a buscar información sobre os calendarios e peculiraridades sobre a orixe dos meses e o noso calendario actual. Mesmo nos trouxeron a clase os planetas en realidade 4D, mirade:

Deixámosvos por aquí a web que tanto gustou co tamaño de diferentes elementos do espazo:

https://neal.fun/size-of-space/

Ademais, estamos traballando o CORPO HUMANO  e o APARELLO LOCOMOTOR. De momento xa montamos un esquelete cos ósos estudados que aproveitaremos para Samaín!


E seguimos aprendendo, sen présa, pero sen pausa!

💫





No hay comentarios:

Publicar un comentario