Estes primeiros meses estamos metidos de cheo na temática do UNIVERSO e o SISTEMA SOLAR.
Repasamos contidos sobre planetas e outros astros, movementos da Terra, a lúa e as súas fases, os eclipses... creamos uns esquemiñas en cartolina que nos están servindo para estudar.
Ademais, contruímos un sinxelo mecanismo para ver o ECLIPSE DE SOL e o ECLIPSE DE LÚA.
Tamén aproveitamos para ler e traballar estratexias de comprensión con textos sobre os calendarios, os cohetes e os traxes espaciais dos astronautas, o telescopio e Galileo Galilei...!
Moitos nenos e nenas animáronse a buscar información sobre os calendarios e peculiraridades sobre a orixe dos meses e o noso calendario actual. Mesmo nos trouxeron a clase os planetas en realidade 4D, mirade:
Deixámosvos por aquí a web que tanto gustou co tamaño de diferentes elementos do espazo:
https://neal.fun/size-of-space/
Ademais, estamos traballando o CORPO HUMANO e o APARELLO LOCOMOTOR. De momento xa montamos un esquelete cos ósos estudados que aproveitaremos para Samaín!
E seguimos aprendendo, sen présa, pero sen pausa!
💫