Comezamos cunha visita guiada polo castro de Sta. Tegra. Escoitamos con interese as explicacións do monitor, percorrimos o castro e visitamos unha das "pallozas" reconstruídas.
Despois, fixemos unha boa camiñata polo monte e visitamos o Museo.
Seguimos con curiosidade un obradoiro "prehistórico":
-Mural coas nosas mans con tintes e pinturas naturais empregando un "spray" feito tamén con elementos naturais.
-Moi atentas e atentos, observamos como facer lume...o resultado foi sorprendente.
E chegou o momento de repoñer forzas, compartir xogos e diversión.
Pasámolo xenial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario