As nenas e os nenos de 2º visitaron as clases de 3º como parte do PLAN DE ACOLLIDA. Tocounos ser anfitrioas e anfitrións, amosámoslles as aulas que ocuparán o próximo curso.
Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os arquivadores, os traballos, o globo terráqueo, os
mapas...os traballos de Plástica...
Intentamos respostar
as súas curiosidades.
Tamén falamos das axendas de 3º e as diferenzas coas de 2º,
sen esquecer que temos unha axenda de aula para anotar os avisos
importantes a recordar.
Esperamos que lles gustará a visita e desexámoslles o mellor para o próximo curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario