martes, 25 de junio de 2024
SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 2024
viernes, 21 de junio de 2024
DESPEDIMOS O CURSO
Últimas horas en TERCEIRO:
jueves, 20 de junio de 2024
ÚLTIMOS DÍAS EN 3º
Tamén rematamos tarefas e ordenamos as actividades. Aproveitamos para comentar e avaliar proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...
martes, 18 de junio de 2024
ACOLLIDA EN 3º
As nenas e os nenos de 2º visitaron as clases de 3º como parte do PLAN DE ACOLLIDA. Tocounos ser anfitrioas e anfitrións, amosámoslles as aulas que ocuparán o próximo curso.
Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os arquivadores, os traballos, o globo terráqueo, os
mapas...os traballos de Plástica...
viernes, 14 de junio de 2024
EDUCACIÓN VIAL EN LSE
Iria, a nosa intérprete de LSE do cole, axudounos coa interpretación deste vocabulario en LSE.
Despois todo 3º participou nunha gravación para engadir o banco de recursos do noso cole.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.
jueves, 13 de junio de 2024
SAÍDA A STA. TEGRA
![]() |
Comezamos cunha visita guiada polo castro de Sta. Tegra. Escoitamos con interese as explicacións do monitor, percorrimos o castro e visitamos unha das "pallozas" reconstruídas.
Despois, fixemos unha boa camiñata polo monte e visitamos o Museo.
Seguimos con curiosidade un obradoiro "prehistórico":
-Mural coas nosas mans con tintes e pinturas naturais empregando un "spray" feito tamén con elementos naturais.
-Moi atentas e atentos, observamos como facer lume...o resultado foi sorprendente.
E chegou o momento de repoñer forzas, compartir xogos e diversión.
Pasámolo xenial!!!
martes, 11 de junio de 2024
OBRADOIRO DE LETTERING
Un grupo de nenas e nenos animouse nuns recreos a realizar actividades plásticas de coloreado e iniciación na técnica lettering. Agradecemos a profe Tati eses momentos tan entretidos😉