OLA FAMILIAS, ESTAMOS DE VOLTA PREPARANDO NOVAS ACTIVIDADES. DESEXAMOS QUE ESTEADES TODAS E TODOS BEN.
PLANIFICAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE VAI REALIZAR TODO O COLE:
COMO XA SABEDES, O XOVES DÍA 23 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. QUEREMOS PROPOÑERVOS UNHA ACTIVIDADE TITULADA "FAMILIAS LECTORAS".
DURANTE ESTE PERÍODO DE CONFINAMENTO A LECTURA É UNHA DAS ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS AXUDA A MANTERNOS BEN, A FACILITAR OS MOMENTOS DE LECER, A COMPARTIR COA FAMILIA,...
PODEDES REMITIR FOTOS DESES MOMENTOS LECTORES NOS QUE A FAMILIA LE TODA XUNTA, (UNHA PERSOA LE PARA TODAS E TODOS, NENAS E NENOS "LEN" PARA MAIORES, MAIORES LEN PARA AS PEQUENAS E OS PEQUENOS, OU CADAQUÉN LE O SEU LIBRO... HAI MÚLTIPLES POSIBILIDADES).
ESCOLLEDE O LIBRO QUE MÁIS VOS GUSTE, TAMÉN XORNAL.
A LECTURA PODEDES FACELA NO SITIO DA CASA ONDE ESTEADES MÁIS CÓMODAS E CÓMODOS (SOFÁ, ALFOMBRA, CADEIRA,...).
ESCOLLEDE O LIBRO QUE MÁIS VOS GUSTE, TAMÉN XORNAL.
A LECTURA PODEDES FACELA NO SITIO DA CASA ONDE ESTEADES MÁIS CÓMODAS E CÓMODOS (SOFÁ, ALFOMBRA, CADEIRA,...).
PARA ISO, SE VOS APETECE COLABORAR...: REMITÍDENOS AS SEGUINTES FOTOS, CON ELAS FAREMOS UN COLLAGE
1. FAREDES UNHA FOTO DA NENA OU DO NENO CO CONTO QUE MÁIS LLE GUSTA.
2. FOTO DO FOLIO ONDE O ALUMNADO ESCRIBA O TÍTULO DO CONTO E FAGA UN DEBUXO DO MESMO.
3. DÚAS FOTOS DESE MOMENTO FAMILIAR DE LECTURA. POÑÉDELLE UN TÍTULO A ESE MOMENTO. CONSENSUÁDEO ENTRE A FAMILIA.
SÓ NECESITAMOS ESTAS 4 FOTOS, NON MÁIS
REMITIRÉDELAS (SE VOS É POSIBLE ANTES DO DÍA 22 DE ABRIL) AO CORREO DO NOSO BLOG victomerr@gmail.com
MOITAS GRAZAS. BIQUIÑOS E APERTAS😘😘
MERCHI E CLARA
No hay comentarios:
Publicar un comentario