APREZADAS FAMILIAS:
COMO INDA TEMOS QUE PERMANECER NA CASA... PODEMOS COMPARTIR UNHA ACTIVIDADE DE ESCRITURA COA CLASE E EN FAMILIA.
ESTE ANO É O CENTENARIO DO NACEMENTO DE GIANNI RODARI ILUSTRE ESCRITOR, MESTRE, PEDAGOGO E XORNALISTA ITALIANO SERÍA BO QUE PARTINDO DESTE ANAQUIÑO DE RELATO DA SÚA OBRA “CONTOS POR TELÉFONO”.
”UN RATIÑO DOS CÓMICS, CANSADO DE VIVIR ENTRE AS PÁXINAS DUN XORNAL E DESEXANDO CAMBIAR O SABOR DO PAPEL POLO DO QUEIXO, DEU UN BO SALTO E ATOPOU.."
CONTINUEMOS A HISTORIA COA AXUDA DA FAMILIA, PARA QUE DESPOIS FAGAMOS UN LIBRIÑO CONXUNTO DE NIVEL.
COMO IMOS FACER?
1. ...“DEU UN BO SALTO E ATOPOU”…A PARTIR DE AQUÍ CONTINUAMOS A HISTORIA (ESCRIBIDE EN MAIÚSCULA, E SE É POSIBLE QUE O FAGA A NENA OU O NENO). O FOLIO DEBE ESTAR EN HORIZONTAL E O NOME DO NENO OU NENA ABAIXO Á DEREITA.
2. ILUSTRADE A HISTORIA QUE ESCRIBISTES.
3. FACÉDELLE UNHA FOTO AO FOLIO E REMITÍDEA AO CORREO DO NOSO BLOG victomerr@gmail.com DURANTE ESTA SEMANA.
SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, REMITÍDENOS CORREO
ÁNIMO FAMILIAS
UN SAÚDO AGARIMOSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario