miércoles, 28 de mayo de 2025

IDADE ANTIGA E MÁQUINAS: visita ao museo, exposicións e moito máis!

 Xa queda pouquiño de curso rapazada de 4º! Pero aínda imos aproveitar para aprender novos temas.

Nestas semanas imos traballar a Idade Antiga e as máquinas. 

 

Para achegarnos á historia da nosa cidade, realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra, onde realizamos un xogo de pistas. Completamos a saída cun roteiro pola cidade. Lembramos cousiñas que nos contaron o ano pasado sobre os escudos e o ampliamos con edificios antigos da cidade como as ruínas de Santo Domingo, a Igrexa de Santa María, os restos da muralla... Foi moi interesante coñecer a historia da nosa vila!

 


Estes días iremos traballando todos estes temas. Deixamos aquí algúns vídeos e actividades que poden ser da vosa interese: 

Concurso de preguntas. iberos e celtas

Diferencias: celtas e iberos 

Domus romana

Anfiteatro romano en 3D

Visita virtual Pompeya 

 Actividade números romanos

Os romanos, actividade interactiva 

Los verbos (LC)

 

 

viernes, 23 de mayo de 2025

A PREHISTORIA!

Este mes de maio adentrámonos de cheo na Prehistoria! 

prehistoria-imagen-animada-0022

Neste tema retomamos as investigacións, moitas nenas e nenos están a realizar exposicións sobre as pinturas rupestres, as etapas da Prehistoria, etc. Tamén limos sobre o yacimiento de Atapuerca, O Miguelón, etc. practicamos o tema coa creación de esquemas e cunha manualidade sinxela de pintura rupestre con carboncillo! 
 

 Aproveitamos para realizar a saída fin de curso ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Alí desfrutamos de moitas actividades: roteiro polos petróglifos, obradoiro de cerámica, yincana en equipo polo parque.... e ata xogo libre para descubrir a contorna, árbores, camiños secretos e labirintos! Finalmente presenciamos unha demostración de cómo facían o lume na Prehistoria. Usaban pedras como sílex, pirita...tamén a técnica de frotado con paus e palla seca, ENCANTOUNOS!



 

Deixámosvos unhas actividades interactivas para que repasedes:

A prehistoria

Trivial sobre Prehistoria 

Etapas da Prehistoria 

 

 

sábado, 17 de mayo de 2025

APADRIÑAMENTO LECTOR

As clases de 4º participamos nun apadriñamento lector coas nenas e os nenos de 3 anos e de 4 anos B.

Eliximos os contos na biblioteca e practicamos durante uns días a lectura dramatizada, inventamos pequenas rimas para dar comezo ás historias e ata algún grupo se animou a crear as súas marionetas!

Despois de practicar, eliximos un día solleiro e saímos ao patio coas pequenas e pequenos de infantil. Que bo rato pasamos entre libros!



Encantounos a experiencia, grazas ao alumnado de 3 e 4 anos por compartir un tempiño con nós!
🌸🌹📗🌻🌼📗🌺🌷🌸


viernes, 9 de mayo de 2025

ENTREGA DE PREMIOS "CANTANDO COAS MANS"

O  7 de maio, as clases de 4º de primaria e o combo musical de 5º , fomos á entrega de premios do concurso "Cantando coas mans" en representación de toda a comunidade educativa do noso colexio.

Desfrutamos das actuacións dos demais centros educativos, así como dunha fermosa actuación de cantareiras.

Anxo V. coa súa voz e Antía coa LSE, foron os encargados de subir ao escenario para dar o agradecemento pola Mención de Honra que o noso colexio recibiu neste concurso. Logo, o alumnado de 4º, o combo de 5º, as profes e Iria, a nosa intérprete en LSE, cantamos e signamos a canción coa que participamos, Recoñecéndome de Guadi Galego.

Foi un día cheo de nervios, ilusión e un bonito tempo xuntas e xuntos.

CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA

O Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra ofreceu un concerto didáctico que nos deixou abraiados!

Primeiro presentáronse todos os instrumentos da orquestra tocando unha pequena melodía. Logo, deron paso á narración da coñecida obra PEER GYNT, á vez que a orquestra musicalizaba moitos dos fragmentos. Deixamos aquí, algunhas das composicións musicais por se queredes lembralas:



O próximo curso hai que repetir esta xenial experiencia!

💫